Nova: Nexos proxecta as cidades imaxinadas polos arquitectos Manuel Gallego Jorreto e Xerardo Estévez

18/04/2015

Nexos proxecta as cidades imaxinadas polos arquitectos Manuel Gallego Jorreto e Xerardo Estévez

Xunto ao diálogo entre os dous arquitectos, o Gaiñas acolleu a estrea de ‘Imaxinarios sonoros de Compostela’, videocreación feita expresamente para este ciclo polos músicos Nacho Muñoz e Mig Seoane

A seguinte sesión de ‘Nexos’ terá lugar o 9 de maio baixo o título ‘Esplendor e farsa da arte contemporánea’. As inscricións ábrense o luns, 20 de abril

  • Nexos reflexiona no Gaiás sobre urbanismo con Manuel Gallego Jorreto e Xerardo Estévez Nexos reflexiona no Gaiás sobre urbanismo con Manuel Gallego Jorreto e Xerardo Estévez

Santiago, 18 de abril de 2015.- O ciclo Nexos convidou hoxe a reflexionar no Gaiás sobre urbanismo, arquitectura e o proceso creativo desta profesión da man de Manuel Gallego Jorreto e Xerardo Estévez nunha nova sesión.

Esta segunda sesión do ciclo de cultura contemporánea do Gaiás, que arrancou o Día da Poesía cunha xornada dedicada ao pensamento da filósofa María Zambrano, centrouse en espir a intimidade dos arquitectos, os seus anhelos e obsesións, o equilibrio entre as capacidades técnicas e a expresión da súa visión persoal.

Este diálogo tivo como protagonistas a dúas referencias na arquitectura contemporánea: Manuel Gallego Jorreto e Xerado Estévez. Gallego Jorreto foi Premio Nacional de Arquitectura no 2010 e recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura pola súa traxectoria profesional. Foi profesor de Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Discípulo de Alejando de la Sota a súa obra é un referente da arquitectura racional na península.

Xerando Estévez é arquitecto e urbanista. Foi alcalde de Santiago de Compostela durante catro lexislaturas e, baixo o seu mandato, a cidade foi recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola Unesco e co Premio Europeo de Urbanismo.

Estrea dunha videocreación
A sesión completouse coa estrea dunha videocreación titulada ‘Imaxinarios sonoros de Compostela’ ideada expresamente para ‘Nexos’, onde os músicos Nacho Muñoz e Mig Seoane realizan unha serie de microperformances no espazo público, utilizando as rúas de Compostela e o Gaiás coma un xigantesco instrumento musical.

De forma paralela, a Biblioteca e Arquivo de Galicia acolleu unha sesión para nenos de 5 a 12 anos, que puideron achegarse ao mundo de arquitectura a través de xogos didácticos. Trala sesión, o público puido gozar cunha degustación ofrecida por Bodegas Martín Códax e os produtos Pan do Mar de Conservas Pérez Lafuente, colaboradores desta edición xunto ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

9 de maio: arte contemporánea
A vindeira cita con ‘Nexos’ terá luga o 9 de maio cunha sesión que levará por título ‘Esplendor e farsa da arte contemporánea’. Nesta ocasión, a Cidade da Cultura contará co relatorio de Estrella de Diego, escritora, ensaísta e catedrática da ate contemporánea; e un posterior concerto de Cuerpo Astral, grupo de música electrónica formad por Fur Alle Falle (Iñaki López e Vanesa Castro) e Lúa Gándara.

As persoas interesadas en asistir a esta sesión poderán inscribirse, totalmente de balde, en www.cidadedacultura.gal, a partir do vindeiro luns, 20 de abril.

Comparte