Nova: O director de Industrias Culturais acompaña o equipo de ‘Así chegou a noite’ nunha das xornadas de rodaxe no Grove

03/06/2024

O director de Industrias Culturais acompaña o equipo de ‘Así chegou a noite’ nunha das xornadas de rodaxe no Grove

O Grove (Pontevedra), 3 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou esta tarde o set de rodaxe de Así chegou a noite no concello do Grove, onde se sitúan varias das localizacións desta nova longametraxe do director pontevedrés Ángel Santos. A compañía galega Maruxiña Films encabeza a produción deste novo título do audiovisual galego, para o que conta cunha subvención da Xunta de máis de 255.000 euros.

A película, que tamén recibiu apoio autonómico para o desenvolvemento dos seus traballos de preprodución, culminará este mes a súa filmación, que se estende tamén aos municipios de Sanxenxo e Meaño, cun especial protagonismo dos espazos naturais desta zona.

Comparte