Nova: López Campos agradece o seu nomeamento como valedor da Rosa en Mos
13/06/2024
López Campos agradece o seu nomeamento como valedor da Rosa en Mos
Mos (Pontevedra), 13 de xuño de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe á Festa da Rosa, na que foi distinguido como valedor da Rosa, e á que tamén asistiron os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Román Rodríguez e María Martínez Allegue.
Nesta celebración, o responsable de Cultura da Xunta deu as grazas á vila de Mos por esta distinción resaltando que as festas forman parte da tradición e idiosincrasia que conforma a identidade galega. A entrega das rosas foi, por vez primeira, no Pazo de Mos, enclave no que o conselleiro se comprometeu “a difundir e levar por toda Galicia a Rosa de Mos e a súa importancia para todo o pobo galego”.