Nova: Rueda destaca o programa expositivo do CGAC que conta con mostras como a que amosa a orixinalidade da obra de Antón Lamazares
16/07/2024
Rueda destaca o programa expositivo do CGAC que conta con mostras como a que amosa a orixinalidade da obra de Antón Lamazares
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, destacou esta tarde o programa de exposicións do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), que conta con mostras como a que leva por título Lamazares. Inda é día (1973-2023), que amosa a orixinalidade do artista Antón Lamazares.
Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou a mostra que fai un percorrido pola obra do artista de Maceira (Lalín, Pontevedra), na que se pode observar a evolución de cincuenta anos de dedicación, investigación, estudo e desenvolvemento dun traballo creativo que fai que Lamazares estea considerado como unha das figuras máis senlleiras no contexto artístico de Galicia. A exposición poderá ser visitada ata o 1 de setembro.