Nova: López Campos agradece o traballo da Fundación Cela na divulgación da obra do premio Nobel
24/07/2024
López Campos agradece o traballo da Fundación Cela na divulgación da obra do premio Nobel
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, agradeceu hoxe o traballo feito pola Fundación Camilo José Cela na divulgación e posta en valor da obra do Nobel galego. Fíxoo na xunta ordinaria do Padroado da Fundación, a cuxa xuntanza asistiu hoxe por primeira vez en representación da Xunta de Galicia.
Entre os asuntos tratados nesta sesión ordinaria estaba a aprobación das contas auditadas do ano anterior e da memoria das actividades. Valoráronse as conferencias, as exposicións, concertos ou concursos literarios; e tamén, as accións como as visitas de colexios, as colaboracións con outras institucións culturais, o asesoramento a unha trintena de investigadores ou as doazóns de libros para a biblioteca da Fundación.