Nova: Martina Aneiros visita os traballos da segunda campaña arqueolóxica no castro de Esmelle
30/07/2024
Martina Aneiros visita os traballos da segunda campaña arqueolóxica no castro de Esmelle
A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta mañá, xunto ao reitor da USC, a vicerreitora do Campus de Ferrol e representantes municipais e veciñais, nunha visita guiada ao xacemento da man dos directores da escavación, Samuel Nión e Juan Luis Montero Fenollós
Ferrol, 30 de xullo de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá nunha visita á escavación arqueolóxica que se está a levar a cabo no castro de Esmelle, coñecido como Tralocastro, promovida pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da Universidade da Coruña (UDC) e o Concello de Ferrol.
Durante a visita, que estivo guiada polo director da Cátedra, Juan Luis Montero Fenollós e o investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Samuel Nión, directores da escavación, os participantes entre os que tamén se atopaba o reitor da UDC, Ricardo Cao, a vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares, e representantes municipais e veciñais, coñeceron os últimos achados desta segunda campaña na que se sacaron á luz diferentes elementos construtivos defensivos, vestixios dunha típica vivenda castrexa de planta circular e fragmentos de muíños de rotación circular, entre outros.
Coa fin de divulgar o resultado dos traballos arqueolóxicos, o próximo xoves día 1 de agosto organízanse outras dúas visitas guiadas (ás 11.00 e ás 16.30 horas) abertas á cidadanía. Trátase de percorridos guiados de carácter gratuíto que non requiren inscrición previa e que tomarán a saída do entorno do local da AVV de Esmelle.