Nova: A Xunta promove actividades de lecer para a mocidade con música electrónica no Bailotea Festival
06/08/2024
A Xunta promove actividades de lecer para a mocidade con música electrónica no Bailotea Festival
Ponteareas (Pontevedra), 6 de agosto de 2024
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participou hoxe na presentación do Bailotea Festival que se celebrará no municipio pontevedrés de Ponteareas o vindeiro 14 de agosto e co que colabora a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Deste xeito, o Goberno galego cumpre co obxectivo de promover actividades de lecer para a mocidade durante esta época de estío con actuacións de artistas de música electrónica.
A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor iniciativas como estes certames que lle posibilitan á xente nova contar con espazos e actividades de ocio e lúdicas. Precisamente, Bailotea Festival ofrecerá durante o mércores 14 de agosto unha xornada de música urbana con actuacións de diferentes artistas emerxentes, de entrada libre e de balde. Esta actividade forma parte do programa CulturON, que desenvolve 30 actividades diarias en máis 200 concellos galegos.