Nova: A delegada territorial da Xunta en Ferrol e o director de Agadic asisten ao pase especial da terceira e última temporada da serie ‘Rapa’ no Jofre

11/09/2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol e o director de Agadic asisten ao pase especial da terceira e última temporada da serie ‘Rapa’ no Jofre

Ferrol, 11 de setembro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acudiron esta tarde no teatro Jofre ao pase especial do primeiro capítulo da terceira e última temporada de Rapa, a serie da produtora coruñesa Portocabo para MovistarPlus+ que regresa mañá á emisión na plataforma.

A rodaxe desta temporada final que se desenvolveu entre os meses de agosto e novembro do pasado ano tivo, unha vez máis, como escenarios varias localidades de Ferrolterra como Ferrol, Narón, Valdoviño, Pontedeume, As Somozas, Cedeira, Fene, As Pontes ou San Sadurniño, entre outros municipios galegos.

A estrea reuniu no Jofre á gran parte do equipo técnico e artístico da produción, encabezado por Javier Cámara e Mónica López, ao que se sumaron novos rostros nesta terceira temporada como o de Cristina Castaño E Mercedes Sampietro.

O estaleiro de Navantia é un dos escenarios principais da trama desta terceira temporada de Rapa na que a enfermidade de Tomás, encarnado polo actor Javier Cámara, avanza o que non impide que se implique xunto a Maite, a quen lle da vida Mónica López, na investigación da desaparición dunha rapaza na parroquia de Pantín (Valdoviño).

Comparte