Nova: Anxo M. Lorenzo destaca o compromiso da Xunta co rural na comisión sectorial co Ministerio de Cultura
12/09/2024
Anxo M. Lorenzo destaca o compromiso da Xunta co rural na comisión sectorial co Ministerio de Cultura
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na Comisión sectorial de asuntos culturais co Ministerio de Cultura onde trasladou o compromiso da Xunta de Galicia para fomentar e aumentar a oferta cultural en zonas rurais en liña cos obxectivos da futura lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia que entrará en vigor este mesmo ano.
No marco desta xuntanza, Anxo M. Lorenzo salientou a necesidade de achegar a cultura a toda Galicia, “facendo que toda a poboación teña a oportunidade de gozar de plans diversos independentemente do lugar no que residan”. Neste senso, destacou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude espera publicar este mesmo mes a orde de creación da futura Rede Adival, o proxecto impulsado polo Goberno galego para dinamizar e facer accesible a cultura no rural.