Nova: A delegada da Xunta en Vigo participa no lanzamento dunha nova edición de Vigo Porté

03/10/2024
A delegada da Xunta en Vigo participa no lanzamento dunha nova edición de Vigo Porté
Vigo, 3 de outubro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves no lanzamento dunha nova edición do festival internacional de danza Vigo Porté que se celebrará o vindeiro mes de abril. A representante autonómica destacou durante o acto que Vigo Porté xa é un “referente no panorama nacional e internacional da danza” e sinalou que para o Goberno galego “é unha honra seguir apoiando este certame co firme propósito de impulsar ás novas xeracións de talentos”.