Nova: Martina Aneiros participa en Afundación na inauguración da mostra ‘O obxecto contemporáneo e doméstico’, dentro do proxecto ‘Simultánea’

09/10/2024

Martina Aneiros participa en Afundación na inauguración da mostra ‘O obxecto contemporáneo e doméstico’, dentro do proxecto ‘Simultánea’

Ferrol, 9 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde na sede de Afundación á visita inaugural da exposición  O obxecto contemporáneo e doméstico, dentro do proxecto expositivo Simultánea, organizado co gallo do décimo aniversario de Afundación, Obra Social Abanca.

A mostra, que poderá visitarse ata o 25 de xaneiro, está formada por obras de 50 artistas entre os que se atopan Luís Seoane, Caruncho, Elena Gago ou Segura Torrella. A través dela convídase ao espectador a descubrir a forza expresiva dos obxectos domésticos máis cotiáns a través de obras que van do realismo ao expresionismo ou ás linguaxes máis persoais do século XXI. 

Comparte