Nova: A Xunta é a principal patrocinadora do Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 25 e 26 de outubro

14/10/2024

A Xunta é a principal patrocinadora do Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 25 e 26 de outubro

Lugo, 14 de outubro de 2024

A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación do Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 25 e 26 de outubro e do que a Xunta é a principal patrocinadora.

Na presentación participaron o delegado territorial, Javier Arias, así como Jose Castro, Diego García e Juan Padín en nome da organización. Arias destacou “o pulo que está a experimentar o Esmorga Fest nos circuítos de música independente”, confirmando para esta novena edición a algúns dos artistas de máis proxección do panorama nacional e internacional.

Suman en total unha vintena de concertos que se desenvolverán na sala Litmar e na sede da sociedade La Unión, neste caso só o sábado e con acceso gratuíto. As entradas para a sala Litmar poden adquirirse na páxina web do festival, onde tamén se poden consultar os detalles do programa. Entre os artistas que pasarán por Sarria figuran os canadienses Ghostwoman ou os portugueses Maquina, xunto a bandas nacionais consolidadas como “Triángulo de amor bizarro”.

Comparte