Nova: Martina Aneiros asiste no Museo naval á inauguración da exposición colectiva de pintura ‘Almirante. La mar en la pintura 2024’

17/10/2024

Martina Aneiros asiste no Museo naval á inauguración da exposición colectiva de pintura ‘Almirante. La mar en la pintura 2024’

Ferrol, 17 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá no Museo Naval á inauguración da exposición de pintura Almirante. A Mar na pintura 2024, organizada pola Sociedade Artística Ferrolá (SAF), en colaboración coa galería de arte Platas e o Museo Naval.

A mostra está integrada por unha trintena de cadros -óleos e acuarelas- e poderá visitarse a partir de mañá no horario habitual do museo -de martes a venres de 9,30 a 13,30 horas e sábados, domingos e festivos de 10,30 a 13,30 horas-.

Comparte