Nova: López Campos pon en valor a contribución da Fundación Barrié á diversa oferta cultural de Galicia

18/10/2024

López Campos pon en valor a contribución da Fundación Barrié á diversa oferta cultural de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste na Coruña á apertura de ‘Nick Knight: Roses from my Garden’, a primeira mostra monográfica dedicada ao artista en España

A Coruña, 18 de outubro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo hoxe en valor hoxe a “importante contribución á diversidade e á variada oferta cultural” existente Galicia, que supón a programación da Fundación Barrié. Fíxoo co gallo da súa participación na inauguración, na sede desta institución na Coruña, da exposición  Nick Knight: Roses from my Garden, a primeira mostra monográfica dedicada a este fotógrafo internacional en España.

O responsable de Cultura do Goberno galego destacou o “bo momento” que vive a cultura galega cunha “industria potente” e cun sector “máis que profesionalizado”,  do que salientou o seu traballo para ofrecer espectáculos, exposicións, filmes “e todo tipo de programación cultural cunha alta calidade”. Por este motivo, agradeceu que “se sumen e aporten” a esta programación existente na Comunidade “accións de entidades e fundacións con tanto prestixio, como é a Barrié”.

A exposición Nick Knight: Roses from my Garden supón unha primicia en España que se poderá visitar, de xeito gratuíto, ata o 26 de xaneiro de 2025. Na mostra amósanse un total de 50 fotografías, algunhas delas inéditas, que dan a coñecer a faciana máis íntima deste fotógrafo británico, considerado un dos máis influentes nas últimas décadas.

 

Comparte