Nova: Ana Ortiz presenta as actividades do Día das Bibliotecas na Juan Compañel de Vigo
24/10/2024
Ana Ortiz presenta as actividades do Día das Bibliotecas na Juan Compañel de Vigo
Día de portas abertas, visitas guiadas, contacontos e exposicións ata o sábado para celebrar a xornada na cidade
Vigo, 24 de outubro de 2024
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves as actividades programadas pola Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel con motivo do Día das Bibliotecas. A representantes autonómica destacou a súa programación, tanto para adultos como para os máis pequenos.
Ortiz apuntou que a Biblioteca Juan Compañel recibiu un total de 51.516 usuarios durante o presente mes de outubro, das cales 5.353 foron nenos e nenas, cunha media de 1.072 visitantes diarios. Ademais, houbo un total de 233.174 préstamos.
Actividades
Xoves 24 de outubro: Xornada de portas abertas con visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 horas. Os visitantes poderán coñecer o edificio da biblioteca e os servizos que ofrece para sacar o máximo aproveitamento dela. Será impartido polo persoal técnico da biblioteca.
Xoves 24 de outubro: “Cabaliño hop”. Soledad Felloza Valentín soña con saír do carrusel onde día a día paseatantos nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá. De 0 a 3 anos. 18:00 h.
Sábado 26 de outubro: “The Colorful Neighbourhood”. Academia Bastón Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada. Traballarán os valores e emocións que se representan no conto. De 4 anos en adiante. 12.00 h.
Exposicións
“As bibliotecas máis bonitas do mundo” (sala infantil do 1 ao 31 de outubro).
“Bibliotecas imaxinadas: as bibliotecas na literatura e no cine” (zona de exposicións do 8 ao 31 de outubro).