Nova: Rueda destaca o compromiso da Xunta cos novos creadores e con impulsar proxectos culturais innovadores

26/10/2024

Rueda destaca o compromiso da Xunta cos novos creadores e con impulsar proxectos culturais innovadores

Asegura que ferramentas coma as residencias artísticas son “motores” para garantir “o futuro” do sector cultural

A Xunta poñerá en marcha nos vindeiros meses a Rede Adival co obxectivo de garantir que haxa programacións culturais regulares no rural galego

Ponteareas (Pontevedra), 26 de outubro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Goberno autonómico coa cultura a través de diferentes medidas para apoiar aos novos creadores e a proxectos artísticos innovadores. 

Así o destacou durante a inauguración da residencia artística e do centro da UNED de Ponteareas, na que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a cal puxo como exemplo de ferramenta para aproveitar todo potencial e o talento de novos artistas. “Na cultura tamén hai startups, que son motores do sector e que temos que apoiar”, indicou tras resaltar que as novas instalacións de Ponteareas son unha aposta “polo futuro” do eido cultural.

Ademais, Xunta aposta por achegar a cultura a toda a comunidade. Por iso está levando a cabo diferentes medidas para dinamizar a cultura tanto en grandes cidades como nas vilas, entre as que destacan iniciativas coma a Rede Adival, que se poñerá en marcha nos vindeiros meses co obxectivo de garantir que haxa programacións culturais regulares no rural galego.

 

Comparte