Nova: O director de Industrias Culturais visita en Ribadavia a rodaxe da curta ‘As maos das pulpeiras’

21/11/2024

O director de Industrias Culturais visita en Ribadavia a rodaxe da curta ‘As maos das pulpeiras’

Ribadavia (Ourense), 21 de novembro de 2024

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou hoxe en Ribadavia a filmación da curtametraxe As maos das pulpeiras, proxecto que desenvolve a produtora pontevedresa Matriuska con apoio da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións deste ano á produción audiovisual. A visita tivo lugar en concreto durante as escenas que se están a rodar na Taberna Papuxa, antiga bodega e dos lugares máis emblemáticos do barrio xudeu da localidade e de toda a comarca do Ribeiro.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude compartiu parte da xornada de traballo co equipo do filme, á fronte do que se se sitúa Daniel Froiz como produtor e Silvia Cachafeiro como directora, a partir do guión asinado por Duarte Caseiro e con Miguel de Lira, Emma del Rosario, Susana Sampedro e Sally Iglesias na interpretación.  A trama sitúase nunha romaría da Galicia dos anos 50 e nun mundo de homes, no que Concha, a súa amiga Ramona e outras pulpeiras como elas loitan xuntas contra algo máis que o duro traballo.

Comparte