Nova: A Filmoteca de Galicia recibe á directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo ‘Close-Up’ na sala José Sellier
04/12/2024
A Filmoteca de Galicia recibe á directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo ‘Close-Up’ na sala José Sellier
A Coruña, 4 de decembro de 2024
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e perspectiva de xénero, que volveu rexistrar outro cheo absoluto na Sala José Sellier como xa o fixera no anterior encontro, protagonizado en novembro por Pilar Palomero.
Jara Yáñez, comisaria deste programa especial da cinemateca da Xunta, foi a encargada de conducir a conversa con Carla Simón, quen regresaba a Galicia despois de rodar na nosa Comunidade e co apoio da Xunta Romaría, coa que completa a triloxía de longametraxes sobre as súas propias relacións familiares. Dela forma parte, así mesmo, a galardoada Alcarràs, Oso de Ouro na Berlinale, que puido verse no marco da sesión de onte e da que hoxe se ofrecerá un segundo pase, ás 18,00 h.