Nova: A Xunta conmemora co primeiro grafiteiro moderno, Cornbread, o 60 aniversario desta arte urbana

05/02/2025

A Xunta conmemora co primeiro grafiteiro moderno, Cornbread, o 60 aniversario desta arte urbana

Santiago de Compostela, 5 febreiro 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sumouse á celebración do 60 aniversario do nacemento do graffiti contemporáneo con Cornbread, figura fundamental nas orixes desta arte urbana, que impartiu esta tarde unha conferencia no Gaiás. O artista estadounidense estivo acompañado pola directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, así como pola pioneira grafiteira galega Seor (Beatriz López), e os comisarios e investigadores no eido do graffiti moderno, Amabel González Troncoso e Balu.

O artista estadounidense, considerado o primeiro grafiteiro do mundo, compartiu na Cidade da Cultura a súa historia persoal e tamén reflexionou sobre a evolución dun movemento ao que deu orixe, sen sabelo, na década dos anos 60 cando pintaba o seu alcume nas rúas de Filadelfia. Unha forma de expresión que impactou de maneira fundamental na cultura urbana, reclamando, desde as súas orixes, o uso de espazos públicos dunha maneira libre e moitas veces anárquica, empregando paredes e muros que só parecía lexítimo que fosen ocupados pola publicidade.

Comparte