Nova: Belén do Campo asiste á inauguración de 'O legado de José Ramón'
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
06/02/2025
Belén do Campo asiste á inauguración de 'O legado de José Ramón'
A Coruña, 6 de febreiro de 2025
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á inauguración da exposición O legado de José Ramón, que desde hoxe pódese ver na sala de Exposicións do Palacio de María Pita.
A familia do gran artista doou ao concello 24 debuxos inéditos e orixinais, que foron a base das tallas de madeira do salón de plenos. Estas obras únicas recollen a historia da cidade e enriquecen o seu patrimonio cultural.