Nova: A Xunta creará un grupo de traballo co sector do libro para impulsar a edición en lingua galega

14/02/2025

A Xunta creará un grupo de traballo co sector do libro para impulsar a edición en lingua galega

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2025

A Xunta de Galicia creará un grupo de traballo co sector do libro coa intención de darlle un maior pulo á edición na nosa Comunidade, especialmente, á publicación en lingua galega. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, tras reunirse coa nova xunta directiva da Asociación Galega de Editores.

No encontro, no que participaron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o novo presidente desta entidade, Miguel Toval, López Campos trasladou o “total compromiso” do Goberno galego con sector do libro e considerou necesaria fornecer “aínda máis unha estratexia común” a prol da edición, na que tamén se conte coa Federación de Librarías de Galicia. O responsable de Cultura da Xunta enmarcou esta liña de traballo dentro do Pacto pola Lingua, co que se procura ampliar o uso e prestixio do noso idioma, “potenciando as publicacións en galego”.

Comparte