Nova: A biblioteca Pública da Xunta en Lugo acolle o venres un concerto de ‘Mario Colomán & The Clocks Band’

10/03/2025

A biblioteca Pública da Xunta en Lugo acolle o venres un concerto de ‘Mario Colomán & The Clocks Band’

Lugo, 10 de marzo de 2025

A Biblioteca Pública de Lugo, dependente da Xunta, acollerá o vindeiro venres 14 de marzo unha actuación da banda de Quiroga ‘Mario Colomán & The Clocks Band’.

O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación do concerto na Delegación Territorial, que contou tamén coa presenza do guitarrista do grupo, Diego Ontiveros; o director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández; e a xefa do Servizo de Coordinación Cultural, Águeda Valín. O inicio está previsto para as 20.00 horas, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

A banda ‘Mario Colomán & The Clocks Band’ está formada por seis mozos da comarca de Quiroga e debutou en marzo do ano pasado. No seu repertorio inclúen versións de música rock, blues e pop, e tamén temas propios que van dende o funk ao folk.

Comparte