Nova: Belén do Campo asiste á inauguración da exposición “O ouro dos Akan, tesouros reais da África occidental”

14/03/2025

Belén do Campo asiste á inauguración da exposición “O ouro dos Akan, tesouros reais da África occidental”

A Coruña, 14 de marzo de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á inauguración da exposición “O Ouro dos Akan. Tesouros reais da África Occidental”na Fundación Barrié.

Esta é unha mostra da cultura africana occidental dos akan, orixinaria da República de Ghana e Costa do Marfil, cunha longa e refinada tradición no traballo da xoiería e os obxectos de culto. A exposición conta con 300 obxectos que pertencen na súa maioría aos séculos XIX e XX, aínda que existen pezas puntuais que son moito máis antigas. 

A selección comprende todos os tipos de obxecto relevantes do ouro dos akan, desde impoñentes símbolos de status e xoias con filigrana a elegantes tallas, todos eles relacionados coas diferentes casas reais akan. A totalidade das pezas procede da extensa colección Liaunig en Kärnten, Austria, a cal é, xunto coas coleccións do Museo Británico de Londres, o Museo de Belas Artes de Houston e o Museo do Oro de África de Ciudad do Cabo, unha das coleccións máis notables do planeta nesta materia.

 

 

 

Comparte