Nova: Belén do Campo traslada o apoio da Xunta á Fundación Groba para seguir preservando o legado do compositor galego Rogelio Groba

31/03/2025
Belén do Campo traslada o apoio da Xunta á Fundación Groba para seguir preservando o legado do compositor galego Rogelio Groba
A delegada participou nun encontro de traballo coa representante da entidade Fernanda Flores Méndez
A Coruña, 31 de marzo de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou nun encontro de traballo coa representante da Fundación Groba, Fernanda Flores Méndez. Na reunión estudiaron posibles novas liñas de colaboración entre a administración autonómica e a entidade.
A Fundación Groba, creada para preservar e dar a coñecer o legado do compositor galego Rogelio Groba, desempeña un papel esencial na promoción da música clásica e na formación de intérpretes galegos. A través de concertos, iniciativas pedagóxicas e proxectos culturais, esta institución mantén vivo o espírito da creación musical en Galicia, achegándoo a públicos de todas as idades.
A delegada lembrou que “desde a Xunta de Galicia apoiamos, todos os anos, os seus proxectos con case 30.000 euros, para garantir o seu funcionamento e para financiar o Festival Groba”.
Neste senso, apuntou que o Goberno galego seguirá colaborando con esta entidade para garantir que a música galega continúe a ocupar un lugar destacado no panorama cultural, apostando pola excelencia artística e a divulgación do noso legado musical.