Nova: Arias reúnese con Ximena Torrón, unha das impulsoras de ‘Soa Suarna’, para coñecer o proxecto cultural que desenvolven en Navia

14/04/2025

Arias reúnese con Ximena Torrón, unha das impulsoras de ‘Soa Suarna’, para coñecer o proxecto cultural que desenvolven en Navia

Lugo, 14 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión con Ximena Torrón, impulsora xunto a Lucía Castro de Soa Suarna, para coñecer o proxecto cultural que desenvolven en Navia de Suarna e avaliar posibles vías de colaboración.

Soa Suarna forma parte do traballo de fin de grao destas dúas estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, que decidiron aproveitar para crear un evento que dinamice a oferta cultural e diversifique a oferta turística dos Ancares. Trátase dunha proposta multidisciplinar na que queren implicar a Administracións, tecido asociativo e axentes locais. 

A programación culminará o 16 de agosto cun festival de música de artistas emerxentes de Galicia, pero xa o pasado mes de marzo organizaron un obradoiro de cestería na localidade e o 19 de abril está previsto un concerto do cantautor vigués Migui Bouzó, entre outras actividades. O cartel do evento é obra do pintor lucense Miguel Anxo Macía.

Comparte