Nova: López Campos aborda coa asociación Amicos as vantaxes da nova Lei de cultura inclusiva e accesible para a integración de persoas con discapacidade

22/04/2025

López Campos aborda coa asociación Amicos as vantaxes da nova Lei de cultura inclusiva e accesible para a integración de persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe con membros da Asociación Amicos de atención e integración de persoas con discapacidade cos que afondou nas vantaxes que para este colectivo supón a nova Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro.

Neste senso, o representante do Goberno galego trasladoulle que grazas á posta en marcha desta normativa “pioneira en Europa” as persoas con discapacidade “non só se poñen no centro en materia de accesibilidade á programación ou infraestruturas culturais, senón como protagonistas e creadores de cultura”. Finalmente, neste encontro tamén se abordaron tanto os programas de voluntariado como as prazas de campamentos de verán que desenvolve a consellería, a través de diferentes iniciativas da Dirección Xeral de Xuventude, para “camiñar cara a unha Galicia plenamente inclusiva”.

Comparte