Nova: Xornada de portas abertas na Cidade da Cultura para celebrar o Día dos Museos

16/05/2015

Xornada de portas abertas na Cidade da Cultura para celebrar o Día dos Museos

O Museo Centro Gaiás ofrece de xeito ininterrompido ao longo de hoxe sábado unha variedade de obradoiros artísticos e creativos, concertos, charlas e experimentos científicos para todos os públicos

  • Imaxes do conselleiro de Cultura no Gaiás esta mañá
  •  O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe nos actos de celebración do ‘Día Internacional dos Museos’ O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe nos actos de celebración do ‘Día Internacional dos Museos’

Santiago, 16 de maio de 2015.- A Cidade da Cultura celebrou hoxe o ‘Día Internacional dos Museos’, unha conmemoración á que se sumou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Esta efeméride ten a súa orixe en 1977 e organízase en todo o mundo para poñer en valor o papel destas institucións na sociedade e que este ano se realiza baixo o lema ‘Museos para unha sociedade sostible’. Co gallo desta conmemoración, o Museo Centro Gaiás acolle entre hoxe e o vindeiro luns día 18 (o Día propiamente dito), xornadas de portas abertas con actividades únicas, divertidas e de balde para toda a familia baixo o patrocinio de Vodafone, colaborador da exposición ‘Camiño. A orixe’.

Obradoiros artísticos e creativos, concertos, charlas e experimentos científicos para aprender xogando e descubrir que a visita a un museo tamén pode ser divertida, son algunhas das actividades ofertadas de xeito ininterrompido no día de hoxe. Ata as 20 horas, todos os que se acheguen á Cidade da Cultura teñen a oportunidade de descubrir o Camiño de Santiago a través da Vía Láctea nun sorprendente ‘Planetario’, marcarlle o camiño ao ‘Robot Peregrino’, vivir a experiencia de facer o Camiño grazas á realidade virtual ou realizar divertidos experimentos científicos no ‘Laboratorio Gaiás’.

Xogos, obradoiros e un concerto
Os bebés tamén teñen o seu espazo coa actividade ‘Camiñando’, unha experiencia sensorial na que descubrir a experiencia xacobea a través do tacto, a vista, o son e as texturas. A área de xogos complétanse con dous divertidos obradoiros no que construír unha ‘Pita choca’ ou fabricar e participar nunha carreira de tartarugas con ‘Pouquiño a pouquiño faise o camiño’, unha ludoteca e un fotomatón co que levar un recordo deste día para casa.

Esta tarde, ás 18,30 horas o Museo acollerá unha conferencia/concerto a cargo do grupo de música antiga Resonet, que na Aula Seminario do Museo ofrecerá varios temas do seu traballo ‘Canto de Ultreia. Os cantos dos peregrinos de Santiago’, músicas contidas no Libro de Santiago e recuperadas por este grupo.

Ademais da fin de semana, o Museo Centro Gaiás abrirá excepcionalmente as súas portas o luns, 18 de maio, día no que se celebra en todo o mundo o Día Internacional dos Museos, no seu horario habitual: de 11 a 20 horas. E tanto hoxe sábado, como mañá domingo e o luns, ademais da xornada de portas abertas, o Museo Centro Gaiás contará con visitas guiadas á exposición ‘Camiño. A orixe’.

Comparte