Nova: Apoio á actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

01/07/2015

Apoio á actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Cultura e a AELG asinaron os convenios polos que a Xunta lle achega 21.000 euros á asociación para impulsar o desenvolvemento de diferentes iniciativas a prol do noso idioma

  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega Logo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, asinaron hoxe dous convenios de colaboración O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, asinaron hoxe dous convenios de colaboración

Santiago, 1 de xullo de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, asinaron dous convenios de colaboración a través dos que a Xunta apoia a actividade desta entidade cunha achega total de 21.000 euros.

No que atinxe á promoción do libro e da lectura, a Consellería –a través da Secretaría Xeral de Cultura– colabora cunha das actuacións de referencia para a asociación, que é a ‘Gala das Letras’, onde se entregan os premios anuais que escollen os membros da AELG á mellor obra publicada no último ano en diversas modalidades. Ao abeiro deste convenio, tamén se realizan diversas iniciativas que teñen como finalidade recuperar o patrimonio oral, literario e musical galego; obradoiros de creación literaria; tarefas de dixitalización para ampliar o Centro de Documentación de Escritores e Escritoras da web da AELG; e mais o acto de homenaxe 'O escritor na súa terra', recoñecemento á dilatada carreira dunha autora ou autor galego que este ano recaeu en Xosé María Álvarez Cáccamo.

A través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura e Educación colabora coa AELG nunha serie de actividades de difusión e promoción das obras escritas en galego e dos autores/as que escriben na lingua propia de Galicia. Con este obxectivo e ao abeiro destes convenios, a AELG realizará o seminario destinado a pór en valor a obra literaria dos escritores e escritoras en lingua galega, tanto clásicos coma contemporáneos. Así mesmo, continuará co ciclo de conferencias ‘Escritores na Universidade’, que se desenvolve nos campus de Vigo e Ourense; e coas II Xornadas Internacionais de Literatura Infantil e Xuvenil na Escola Universitaria de Maxisterio en Vigo. Estas actuacións complétanse con encontros de escritores en lectorados de galego dependentes da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia e con colaboracións literarias na revista ‘O Salmón Oval’.

Estes convenios enmárcanse nas actuacións promovidas pola Consellería en apoio á difusión dos autores e autoras en lingua galega.

Comparte