Nova: Financiamento de actuacións arqueolóxicas promovidas por particulares

10/07/2015

Financiamento de actuacións arqueolóxicas promovidas por particulares

Está destinado aos promotores particulares que realizaron obras que afectan a un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados, sempre que a Consellería ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar ditas intervencións

Santiago, 10 de xullo de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas para a colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas na convocatoria do ano 2015.

Estas achegas están destinadas aos promotores particulares (ben sexan persoas físicas ou xurídicas) que realizaron obras que afectan a un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, sempre que a Consellería ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar ditas intervencións; así como os controis arqueolóxicos debidamente autorizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

As obras subvencionadas acometeronse nos municipios de Lugo, Santiago de Compostela, Baiona, Ponteareas, Marín, Vigo, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Gondomar, Moraña, Corcubión, Betanzos, Padrón e Tomiño; cunha inversión total que ascende aos 33.695,39 euros.

Os detalles da resolución pódense consultar no seguinte enderezo web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150710/AnuncioG0164-020715-0005_gl.html.
 

Comparte