Nova: A Casa da Troia permanecerá aberta todo o verán

17/07/2015

A Casa da Troia permanecerá aberta todo o verán

O museo, situado na zona monumental da capital galega, recrea o ambiente estudantil de finais do século XIX

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañado por membros do padroado da Casa da Troia, visitou esta tarde o museo O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañado por membros do padroado da Casa da Troia, visitou esta tarde o museo

Santiago, 17 de xullo de 2015.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe de novo este ano coa reapertura e a xestión das visitas á Casa da Troia, situada na zona monumental da capital de Galicia, para que o museo volva abrir as súas portas durante a época estival e poida desenvolver a súa actividade no marco da programación cultural da cidade compostelá.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañado por membros do padroado da Casa da Troia, visitou esta tarde o museo, que recrea o ambiente estudantil da pensión de finais do século XIX que inmortalizou o escritor Alejandro Pérez Lugín na súa novela ‘La Casa de la Troya’, publicada en 1915.
O museo Casa da Troia permanecerá aberto ata mediados de setembro, polas mañás en horario de 11:00 a 14:00 horas, e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas. Os venres, o horario de peche pola tarde ampliarase ata as 22 horas, mentres que os domingos e os luns permanecerá pechado.

Casa da Troia
A Casa da Troia é un museo romántico que recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela ‘La Casade la Troya’.

Na planta baixa está a recepción, antiga zona de paso tanto das persoas como dos cabalos que baixaban ás cortes. No primeiro andar atópase o antigo salón-comedor, tamén habilitado como lugar de estudo. No segundo piso están os dormitorios e no ático, a cociña. A casa está ambientada con mobles e útiles da época. A maior parte do mobiliario foi adquirido polo fundador do museo, Benigno Amor Rodríguez, á familia de Jacobo Gil Villanueva, reitor da Universidade de Santiago a finais do século XIX.

O museo dispón dunha biblioteca histórica, que se compón de exemplares de distintas edicións da novela ‘La Casade la Troya’, así como de publicacións de autores relacionados coa obra de Pérez Lugín como Valle-Inclán, Camilo Bargiela, Manuel Casás, Enrique Labarta etc., e outras de temática compostelá.

Comparte