Nova: O Centro de Interpretación de San Cibrao de Las amosa a cerámica castrexa en Galicia

17/07/2015

O Centro de Interpretación de San Cibrao de Las amosa a cerámica castrexa en Galicia

Expóñense un total de 68 réplicas cerámicas que dan conta da produción nos castros galegos de referencia durante a Idade de Ferro

  • Conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las Conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, efectuou hoxe un percorrido polas instalacións do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, efectuou hoxe un percorrido polas instalacións do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las

San Amaro (Ourense), 17 de xullo de 2015.- O Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las acolle ata o 30 de setembro a mostra “A Cerámica Castrexa en Galicia: Investigación e recuperación”, unha ampla mostra de réplicas cerámicas documentadas e representativas da produción rexistrada nos castros galegos de referencia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez,  efectuou un percorrido polas instalacións e salientou a importancia das pezas expostas na medida en que “nos falan da vida cotián dos nosos devanceiros, de situacións económicas e sociais concretas”.

A exposición castrexa −composta por un total de 68 pezas que dan conta da actividade cerámica rexistrada en 22 castros de toda Galicia− é o resultado final do proxecto de investigación levado a cabo pola Fundación Terra Termarum, a quen o conselleiro de Cultura e Educación lle agradeceu o labor realizado.

As cerámicas corresponden á Idade do Ferro en Galicia. Nestas pode observarse unha evolución desde a fase inicial deste período, con formas pouco sinuosas e fabricación manual; e evolucionando na fase media a unha produción cerámica de máis calidade, con paredes máis finas, pastas máis resistentes, e perfís máis sinuosos.

Xa correspondentes á fase final da Idade de Ferro, as pezas expostas reflicten ás tradicións oleiras diferenciadas entre a zona das Rías Baixas e a Conca do Miño, e comeza a ter personalidade propia a zona da Costa Setentrional.

Comparte