Nova: Dez horas de circo, xogos e maxia para toda a familia na Cidade Imaxinaria do Gaiás
22/08/2015
Dez horas de circo, xogos e maxia para toda a familia na Cidade Imaxinaria do Gaiás
Grandes e pequenos descubriron a maxia do circo a través de cincuenta espectáculos, obradoiros e xogos
Santiago, 22 de agosto de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu a Cidade Imaxinaria 2015, un dos clásicos do verán do Gaiás que o ano pasado conseguiu reunir a unhas 12.000 persoas no complexo deseñado por Peter Eisenman.
De 11 a 21 horas, e durante dez horas ininterrompidas, grandes e pequenos poderán volveron sentir a maxia do circo nunha quinta edición que recupera a esencia do “maior espectáculo do mundo”. Trapecistas, malabaristas, pallasos, acróbatas, equilibristas e toda unha serie de personaxes saídos dun mundo cheo de cor e fantasía serán os protagonistas dunha ‘Cidade Imaxinaria’ que ofrecerá máis de cincuenta actividades para todos os públicos. Como sempre, con entrada libre e de balde.
Ao longo de toda a xornada, pasaron os mellores números circenses como as acrobacias aéreas de ‘Namorado do Aire’, os números cómicos dos tres aprendices de trapecistas, malabaristas e equilibristas de ‘Vaia Circo!’, os trucos de maxia de ‘Les Artuans’ e ata un ‘Cabaré’ cheo de criaturas fantásticas.
Pasarrúas, xogos e obradoiros
As persoas que se achegueron ao Gaiás gozaron coas aventuras dun estraño viaxeiro equilibrista que se despraza nun curioso ‘Sidecar’; xogarán con ‘Les Pompiers’ a escapar da súa tola mangueira; seguirán as andanzas dos ‘Cock-Tales’, divertidos músicos con plumas; e poderán despedirse por todo o alto entre o elegante e hipnotizante baile dos ‘Colors’.
Como xa é habitual, ‘Cidade Imaxinaria’ contou con xogos e obradoiros para todas as idades. Desde o ‘Apicirc’, onde os máis pequenos da casa construiron o seu propio circo; ata os múltiples e imaxinativos pasatempos do ‘Arriero de juegos’ e a ‘Árbore dos xogos’.
‘Cidade Imaxinaria’ tamén convidou o público a descubrir o ‘Circo no faiado’ dos Irmáns Herrerita, onde podemos aprender a xirar o prato, facer malabares ou colgarnos do trapecio; converternos en intrépidos peregrinos e superar ata un total de 24 probas para conseguir a nosa credencial ‘Xogando no Camiño’ e a lucir os máis enxeñosos e divertidos peiteados grazas a dúas perruqueiras tolas e un creativo dj en ‘Senta a cabeza’.
Servizo de Cantina
Para repoñer forzas, a Cantina do Gaiás contou con servizo de comidas, así como un posto de comida rápida. Para os máis larpeiros, instaláronse postos de xeados, algodón de azucre, doces e flocos de millo, que se poderán tomar na carpa de descanso prevista para retomar folgos.
Visita de balde ao Museo Centro Gaiás
Con motivo da celebración do festival Cidade Imaxinaria, ese dia a entrada o Museo Centro Gaiás foi de balde para poder visitar en familia a exposición ‘Camiño. A orixe’. E para os que queiran coñecer un pouco máis sobre a mostra, o Museo contou con dúas visitas guiadas ao longo do día: 12:30 e 18:30 horas.