Nova: Ponse en marcha o portal da lingua galega, un novo sitio web máis atractivo e transparente para a cidadanía

11/09/2015

Ponse en marcha o portal da lingua galega, un novo sitio web máis atractivo e transparente para a cidadanía

A canda o portal, deuse a coñecer tamén o novo tradutor Gaio, que se ofrecerá en aberto

  • O secretario xeral de Política Lingüística e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentaron hoxe en rolda de prensa o novo Portal da Lingua Galega O secretario xeral de Política Lingüística e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentaron hoxe en rolda de prensa o novo Portal da Lingua Galega

Santiago, 11 de setembro de 2015.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, presentaron en Santiago, en rolda de prensa, o novo Portal da Lingua Galega, que substituirá desde agora o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). A canda este portal, presentouse tamén unha das ferramentas que ofrece, o tradutor Gaio, ata agora de uso interno na Administración e a partir de hoxe en aberto para toda a cidadanía.

Valentín García destacou a proxección social do Portal da Lingua Galega, que “ten unha vocación social que soborda os límites do unicamente administrativo, pois ofrece información, servizos, recursos e actividades para que os galegos e galegas poidamos vivir en galego”.

Pola súa banda, Mar Pereira, sinalou que a presenza da Administración pública na rede é unha ferramenta fundamental para a prestación de servizos públicos dixitais e, neste caso concreto, para difundir a nosa riqueza cultural, patrimonial, lingüística e social. Un obxectivo, engadiu, que se reforza co emprego do dominio .gal, que están a incorporar todas as novas webs institucionais, dentro do compromiso que asumiu o Goberno galego o pasado mes de maio e que se completará a finais de 2016 coa migración de todos os portais e o correo corporativo ao .gal

Un portal máis transparente e actual
Durante a presentación do Portal da Lingua Galega, incidiuse nos obxectivos que guiaron a ampliación e reestruturación do web con que ata o momento contaba a SXPL: harmonizalo co deseño corporativo da Xunta e coas súas directrices de transparencia, seguridade e accesibilidade; completar o traspaso ao dominio.gal; renovar a súa aparencia cunha estética máis agradable e actual; estruturalo de maneira que se axuste ás dinámicas, programas e actuacións que actualmente desenvolve a SXPL e presentar a información e os servizos dunha maneira máis intuitiva e transparente para a cidadanía.

O portal conta, de feito, cun eficaz buscador que permite localizar os contidos de interese sen necesidade de coñecer a estrutura do web ou a organización interna da Secretaría Xeral de Política Lingüística, así como con filtros que facilitan a selección dos recursos axeitados ás necesidades de cadaquén entre a ampla oferta con que conta este espazo web.

Entre os recursos que se ofrecen para aprender, medrar ou traballar en galego figura o tradutor Gaio, que permite a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán. que permite a tradución de texto e tamén a tradución inmediata de páxinas web. Este servizo inclúe unha personalización de máis de 16.000 termos entre topónimos galegos, terminoloxía específica da administración, nomenclatura vinculada ás corporacións de todos os Concellos, Consellerías etc... Esta útil ferramenta, ata agora de uso interno na Administración, está desde hoxe a disposición de toda a cidadanía no Portal da Lingua Galega.
 
Comparte