Nova: As axudas europeas para desenvolver iniciativas culturais nos museos centran unha xornada no Museo de Belas Artes

18/09/2015

As axudas europeas para desenvolver iniciativas culturais nos museos centran unha xornada no Museo de Belas Artes

Ademais do seu interese como vías de financiamento, os fondos europeos son unha maneira de iniciar proxectos compartidos con entidades culturais doutros ámbitos

  • O Museo de Belas Artes da Coruña acolleu hoxe a xornada ‘A Europa da cultura tras 30 anos de Unión Europea, historia e perspectiva’ O Museo de Belas Artes da Coruña acolleu hoxe a xornada ‘A Europa da cultura tras 30 anos de Unión Europea, historia e perspectiva’

A Coruña, 18 de setembro de 2015.- O Museo de Belas Artes da Coruña acolleu a xornada ‘A Europa da cultura tras 30 anos de Unión Europea, historia e perspectiva’, unha iniciativa destinada a “coñecer e familiarizarse coas opcións de financiamento da Unión Europea para desenvolver iniciativas culturais nos museos”, segundo explicou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante o acto de apertura.

En canto ás liñas de axuda das institucións do ámbito europeo, afirmou que “ademais de seren unha vía de financiamento para os proxectos que sexan do noso interese, son tamén unha maneira de iniciar proxectos compartidos con entidades culturais doutros ámbitos, que sempre supón unha aprendizaxe, a incorporación de novas dinámicas, de novos contidos e formatos, en definitiva, un enriquecemento mutuo e novos vínculos moi enriquecedores para todas as partes implicadas”.

Información sobre as axudas e casos prácticos
“Para informar da estruturación e características dos fondos europeos que rexen actualmente e achegarvos algunhas experiencias reais de proxectos de confluencia entre institucións e entidades de distintos países, pasarán por aquí voces acreditadas e con experiencia”, dixo en referencia aos relatores da xornada, entre eles, a técnica de asuntos culturais europeos da Secretaría Xeral de Cultura, Mar Nogueira; o director do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, José Manuel Rey; Nuria Solet, da Fundación Antoni Tápies, e a consultora de axudas, subvencións e proxectos europeos Roxana Topciov.

Xunto co secretario xeral, participaron no acto de apertura Ángeles Penas, directora do museo, e mais Pedro Vasco, presidente da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes, entidade organizadora da xornada, dirixida aos operadores das industrias e institucións culturais e creativas, especialmente aos axentes de espazos museísticos, de ámbito público e privado.

Comparte