Nova: Nace o Festival Premios Martín Códax da Música con tres días de concertos e outras propostas musicais

01/10/2015

Nace o Festival Premios Martín Códax da Música con tres días de concertos e outras propostas musicais

Salas, teatros, bares e rúas de Santiago acollerán un total de 15 propostas musicais entre o 15 e o 17 de outubro dentro deste evento

Os protagonistas da programación son os artistas e proxectos galardoados na última edición dos premios que organiza a asociación Músicas ao Vivo

  • O festival celebrarase sen actividades solapadas, polo que será posible acudir a todas as citas O festival celebrarase sen actividades solapadas, polo que será posible acudir a todas as citas
  • O festival celebrarase sen actividades solapadas, polo que será posible acudir a todas as citas O festival celebrarase sen actividades solapadas, polo que será posible acudir a todas as citas
  • O festival celebrarase sen actividades solapadas, polo que será posible acudir a todas as citas O festival celebrarase sen actividades solapadas, polo que será posible acudir a todas as citas

Santiago, 1 de outubro de 2015.- O Festival Premios Martín Códax da Música desenvolverá a súa primeira edición do 15 ao 17 de outubro en distintos espazos de Santiago de Compostela cunha programación da que son protagonistas os artistas distinguidos na pasada edición 2014 destes galardóns que organiza a asociación Músicos ao Vivo.

A presentación deste novo evento cultural tivo lugar esta tarde cunha singular posta en escena, que comezou cun ‘flashmob’ na Praza da Quintana a cargo da Orquestra 430 e continuou cunha rolda de prensa na Barra Atlántica, o novo espazo gastronómico e cultural do Grupo Abastos 2.0, para finalizar coa participación do cantante Davide Salvado nunha maridaxe entre música e viño.

O festival celebrarase ao longo dos tres devanditos días en salas, bares, rúas e prazas da cidade e sen actividades solapadas, polo que será posible acudir a todas as citas. Ademais dos concertos dos grupos premiados o pasado ano, desenvolveranse outras actividades de promoción arredor da música, tales como distintas maridaxes entre viño e música e un coloquio sobre a situación do sector, co que se abrirán o encontro o o xoves día 15 ás 19:00 horas na Sala C.

Na rolda de prensa interviñeron Iria Piñeiro, presidenta de Músicos ao Vivo e os representantes das tres entidades que apoian a celebración do festival: Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Jorge Duarte, segundo tenente de alcalde do Concello de Santiago; e María Garrido, responsable de Marketing das adegas Martín Códax.

Fomento das industrias musicais
O director da Agadic explicou que o apoio da Xunta de Galicia a este evento, rubricada o pasado 20 de agosto a través dun convenio de colaboración con Músicos ao Vivo, insírese na política de fomento ás industrias musicais galegas,na que se circunscriben tamén outras accións como as subvenciónsá distribución de concertos e á organización de festivais, o plan de internacionalización, a programación musical que se cofinancia anualmente en teatros, auditorios e salas públicas e privadas de toda Galicia ou a plataforma on-line www.galiciantunes.com.

Sobre o novo festival que a partir dos premios Martín Códax da música acollerá Compostela, Jacobo Sutil dixo que se trata do “complemento idóneo” aos propios galardóns. “Consolídaos como referente, súmalles valor como incentivo para os nosos artistas e contribúe á dinamización cultural do país por medio da música”, expresou. Neste sentido, felicitou a Músicos ao Vivo por esta iniciativa e polo "enorme traxecto que en tan pouco tempo" leva percorrido este colectivo.

Programa de concertos
Grupos tan dispares como Dos Fíos Invisibles chegan as Cores, Cró!, Sub Rosa, Wöyza, Cuarteto Caramuxo, Sumrrá, Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc, Los Satélites, Ataque Escampe, Cats and Monkeys, Zamaramandi e Nao terán os seus concertos dentro do programa, polo que o Festival ofrecerá un completo panorama de todos os estilos musicais que actualmente se están a producir en Galicia: rock, electrónica, música de verbena, pop e indie, blues, soul, reggae, ska, metal, etc.

O acto de hoxe serviu tamén para anunciar o novo calendario dos III Premios Martín Códax da Música, que pasan de celebrarse en decembro (como nas anteriores dúas edicións) á primavera, polo que será xa en 2016 cando se leve a cabo a nova convocatoria dos galardóns. Os motivos da mudanza de datas é adecualos á inscrición de todos os proxectos desenvolvidos dentro dun ano natural, así como favorecer o seu efecto de promoción cara ás contratacións de verán.

Comparte