Nova: O Centro Coreográfico Galego abre a inscrición nun taller sobre danza moderna cubana

14/10/2015

O Centro Coreográfico Galego abre a inscrición nun taller sobre danza moderna cubana

Será impartido pola bailarina galego-cubana Lisvet Barcia Cabrera e terá lugar do 23 ao 27 de novembro na Coruña

  • O Centro Coreográfico Galego (CCG) ofrecerá do 23 ao 27 de novembro na Coruña un taller sobre técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento do corpo, que correrá a cargo da bailarina Lisvet Barcia Cabrera O Centro Coreográfico Galego (CCG) ofrecerá do 23 ao 27 de novembro na Coruña un taller sobre técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento do corpo, que correrá a cargo da bailarina Lisvet Barcia Cabrera
  • O Centro Coreográfico Galego (CCG) ofrecerá do 23 ao 27 de novembro na Coruña un taller sobre técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento do corpo, que correrá a cargo da bailarina Lisvet Barcia Cabrera O Centro Coreográfico Galego (CCG) ofrecerá do 23 ao 27 de novembro na Coruña un taller sobre técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento do corpo, que correrá a cargo da bailarina Lisvet Barcia Cabrera

A Coruña, 14 de outubro de 2015.- O Centro Coreográfico Galego (CCG) ofrecerá do 23 ao 27 de novembro na Coruña un taller sobre técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento do corpo, que correrá a cargo da bailarina Lisvet Barcia Cabrera. O prazo de inscrición para participar neste novo encontro formativo, dirixido a bailaríns e bailarinas e estudantes de danza de nivel medio e avanzado, está aberto ata o vindeiro 13 de novembro.

Lisvet Barcia, primeira bailarina durante anos da Compañía de Danza Contemporánea de Cuba, centrará o taller no estudo de aspectos técnicos como a respiración, a habilidade e destreza de movementos, o ritmo e a calidade corporal, así como no manexo das capacidades motoras (elongación, flexibilidade, forza, etc). Todos os contidos abordaranse desde o punto de vista das diferentes achegas á danza por parte da que se coñece como ‘técnica cubana’, desenvolvida por mestres como Ramiro Guerra, Eduardo Rivero ou Luis Roblejo.

Aprendizaxe en dúas fases
O curso, que se impartirá entre 10.00 e 13.00 horas, constará de dúas fases. A primeira delas será unha clase de técnica moderna cubana, a través do adestramento físico con exercicios para quecer, estirar e desenvolverse no espazo, amosando como as torsións e ondulacións do corpo e a linguaxe estética forman parte esencial desta técnica. Nun segundo momento, traballarase na incorporación dalgunhas das obras do repertorio da Compañía de Danza Contemporánea de Cuba para que os alumnos e alumnas coñezan o peculiar labor desta formación e as súas posibilidades interpretativas nunha integración de estilos e formas.

Lisvet Barcia Cabrera, licenciada polo Instituto Superior de Arte (Cuba), ten impartido clases de baile de niveis elemental e superior e traballado en diferentes compañías cubanas, entre as que destacan Danza Aberta e Danza Contemporánea de Cuba. Nesta última acadou o nivel de primeira bailarina. Interpretou pezas de importantes coreógrafos internacionais, como son Juan Kruz, Itsik Gallini, Jan Linkers, Rafael Bonachella, Pedro Ruiz, George Céspedes, Julio César Iglesias, Osnel Delgado, Susana Pous ou Carlos Acosta. Coas obras destes creadores presentouse por distintos teatros cubanos, europeos e norteamericanos.

Comparte