Nova: Cultura e o Museo Casa do Patrón colaboran para difundir a etnografía e tradicións galegas entre a xente miúda

15/10/2015

Cultura e o Museo Casa do Patrón colaboran para difundir a etnografía e tradicións galegas entre a xente miúda

A Asociación Etnográfica de Codeseda realizará visitas guiadas aos escolares polos tres edificios dedicados á exposición permanente, constituída por máis 4.500 pezas antigas

Tamén se desenvolverán diferentes actividades formativas, labores de difusión dos traballos tradicionais, así como accións para complementar a formación do profesorado neste eido
 

  • Museo Casa do Patrón
  • Román Rodríguez, e o presidente da Asociación Etnográfica de Codeseda Román Rodríguez, e o presidente da Asociación Etnográfica de Codeseda
  • Román Rodríguez, e o presidente da Asociación Etnográfica de Codeseda Román Rodríguez, e o presidente da Asociación Etnográfica de Codeseda
  • Román Rodríguez, e o presidente da Asociación Etnográfica de Codeseda Román Rodríguez, e o presidente da Asociación Etnográfica de Codeseda

Santiago, 15 de outubro de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Asociación Etnográfica de Codeseda –á que pertence o Museo Etnográfica “Casa do Patrón” de Lalín–, Manuel Blanco Villar, asinaron hoxe un protocolo de colaboración co fin de difundir a etnografía e tradicións galegas entre o alumnado desde o propio complexo museístico.

Deste xeito, ámbalas dúas institucións renovan o seu compromiso neste eido, o que implica unir esforzos en torno a unha finalidade, que pasa por difundir e potenciar un maior coñecemento e interese arredor da etnografía no ámbito educativo. Para logralo, a Asociación realizará visitas guiadas aos escolares polos tres edificios dedicados á exposición permanente, constituída por máis de 4.500 pezas que representan profesións tradicionais.

A maiores, tamén se desenvolverán diferentes actividades formativas dirixidas ás distintas etapas educativas, así como labores de difusión dos traballos tradicionais e accións que axuden a complementar a formación do profesorado neste eido.

Implicación no ámbito educativo
Co obxectivo de contribuír a que a cidadanía perciba a etnografía e as tradicións como piares básicos da cultura galega, a Asociación Etnográfica de Codeseda está a traballar desde hai anos en proxectos de colaboración co ámbito educativo en todas as etapas, incentivando así a mellorar o coñecemento que os alumnos e alumnas de Galicia deben ter da etnografía e identidade cultural galegas.

Entre estes proxectos destaca a elaboración de actividades arredor deste eido contextualizadas na realidade do país e que comparten e dan resposta aos obxectivos, competencias e contidos dos distintos currículos vixentes nas diferentes etapas educativas.

 

Comparte