Nova: Ampla oferta de actividades para celebrar o Día da Biblioteca

24/10/2015

Ampla oferta de actividades para celebrar o Día da Biblioteca

Concertos, obradoiros, contacontos, xornadas de portas abertas, visitas guiadas e liberación de libros nas bibliotecas públicas galegas

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou esta mañá a Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou esta mañá a Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo

Vigo, 24 de outubro de 2015.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou a Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo, que programa nesta xornada diversas iniciativas para conmemorar o Día da Biblioteca.

Os centros públicos bibliotecarios de Galicia celebran hoxe o seu día cunha completa oferta de actividades para grandes e pequenos, A Consellería de Cultura e Educación, a través das bibliotecas de xestión autonómica, súmase a esta conmemoración con propostas musicais, obradoiros, xornadas de portas abertas, contacontos, visitas guiadas e liberación de libros, que se desenvolven hoxe na Biblioteca de Galicia, nas bibliotecas públicas de Lugo e de Ourense, da Coruña Miguel González Garcés, de Vigo Juan Compañel, de Pontevedra Antonio Odriozola e de Santiago de Compostela Ánxel Casal.

A programación de actividades pode consultarse en www.cultura.gal, a través da Axenda de Cultura de Galicia.

Comparte