Nova: A Casa Calega da Cultura acolle a exposición Galicia imaxinada nas revistas da emigración

10/11/2015

A Casa Calega da Cultura acolle a exposición Galicia imaxinada nas revistas da emigración

Esta exposición fai un retrato real e idealizado da Galicia dos emigrantes a través de 20 paneis que perminte visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia no século XIX

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá no acto de inauguración da exposición ´Galicia Imaxinada nas Revistas da Emigración´ O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá no acto de inauguración da exposición ´Galicia Imaxinada nas Revistas da Emigración´
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá no acto de inauguración da exposición ´Galicia Imaxinada nas Revistas da Emigración´ O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá no acto de inauguración da exposición ´Galicia Imaxinada nas Revistas da Emigración´

Vigo, 10 de novembro de 2015.- A exposición ´Galicia Imaxinada nas Revistas da Emigración´ inaugurouse na Casa Galega da Cultura en Vigo. Esta mostra está organizada polo Consello da Cultura Galega que retrata a Galicia dos emigrantes e que conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu a esta inauguración e considerou a mostra “moito máis ca unha compilación estética, gráfica, artística ou literaria”, considerándoa “un anaco importante da nosa memoria” posto que máis de dous millóns de persoas puxeron rumbo a América nas dúas grandes vagas migratorias da nosa historia destacando as revistas editadas xa que “conteñen unha relevancia estética e artística innegable sendo un legado histórico”.

O delegado lembrou así o traballo feito polas comunidades galegas no Exterior tendo unhas verbas especiais para os “máis de medio millón de galegos e emigrados” que hoxe en día viven espallados por medio mundo “universalizando o nome de Galicia e poñéndoo en valor”.

Deste xeito, agradeceu ao Consello da Cultura Galega e á Secretaría Xeral da Emigración esta nova contribución e colaboración “por manter viva esa testemuña” porque, coma dixo, “boa parte do progreso e desenvolvemento da Galicia e Vigo actual se debe a aqueles que emigraron”.

A exposición –que pode visitarse na Casa Galega da Cultura dende hoxe e ata o 6 de decembro- amosa así a Galicia emigrante de antes e de agora facendo o delegado especial fincapé en que, a día de hoxe, os galegos residentes no estranxeiro configúranse ademais “como baluartes e pontes de conexión fundamentais” para ter novas oportunidades de intercambio cultural, educativo, económico e de calquera índole, nos países onde existen colectividades galegas.

Con todo, o delegado considerou que ´Galicia Imaxinada nas Revistas de Emigración´ “é froito do cariño e o traballo dos emigrantes” amosando así a importancia e relación que existe entre a emigración e Galicia xa que, coma dixo, “sen relatar a emigración, é imposible definir Galicia”. Para rematar, López-Chaves esperou que esta mostra axude aínda máis a “aprender a historia da nosa diáspora” que, en definitiva, “é a historia de Galicia”.
 

Comparte