Nova: O papel de Figueira Valverde en institucións culturais galegas, a análise nunhas xornadas en Santiago

24/11/2015

O papel de Figueira Valverde en institucións culturais galegas, a análise nunhas xornadas en Santiago

A súa vinculación co Seminario de Estudos Galegos, co Consello da Cultura Galega e co Instituto Padre Sarmiento centrou a mesa redonda que tivo lugar na capital de Galicia

Cultura e Educación, a Real Academia Galega, o CCG, a Fundación Barrié e a Deputación de Pontevedra promoven este ciclo de conferencias

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu hoxe á programación que as xornadas ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’ desenvolveron ao longo da tarde na capital de Galicia O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu hoxe á programación que as xornadas ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’ desenvolveron ao longo da tarde na capital de Galicia

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu á programación que as xornadas ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’ desenvolveron ao longo da tarde na capital de Galicia. Promovido pola Consellería de Cultura e Educación, pola Real Academia Galega (RAG), polo Consello da Cultura Galega (CCG), pola Fundación Barrié e pola Deputación de Pontevedra, o ciclo celebrou en Santiago de Compostela unha nova sesión cunha mesa redonda sobre o papel do autor homenaxeado coas Letras Galegas 2015 en diversas institucións.

Nela abordouse a súa participación activa en entidades como o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto Padre Sarmiento e o Consello da Cultura Galega, coa participación de Xosé Carro, Francisco Díaz-Fierros, Eduardo Pardo de Guevera e Ramón Villares.

Próximas sesións na Coruña
‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’ é o título que lle dá nome ao simposio científico e ao ciclo de conferencias e mesas redondas arredor do escritor, investigador e erudito a quen a Real Academia Galega lle dedicou en 2015 as Letras Galegas.

Logo das sesións dos pasados días 10 e 11 de novembro en Pontevedra e tras o seu paso pola capital de Galicia, a cidade da Coruña acollerá as sesións que se realizarán os días 26 e 27 de novembro nas sedes da RAG e da Fundación Barrié.

Nesta iniciativa participan recoñecidos especialistas de diversas universidades e institucións. Henrique Monteagudo, pola RAG; Diego Rodríguez, pola Fundación Barrié; Carlos Valle, polo Museo de Pontevedra; e Francisco Díaz-Fierros, polo CCG, coordinan en cadansúa sede as diversas actividades, que teñen como obxectivo contribuír ao coñecemento sobre a vida e obra do intelectual pontevedrés.
 
Comparte