Nova: Cultura e Concello de Redondela estudan novas actuacións conxuntas na Illa de San Simón

25/11/2015

Cultura e Concello de Redondela estudan novas actuacións conxuntas na Illa de San Simón

Procurarían potenciar os valores culturais, ambientais e paisaxísticos

  • Illa San Simón Illa San Simón
  • O conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Redondela manteñen unha xuntanza O conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Redondela manteñen unha xuntanza
  • O conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Redondela manteñen unha xuntanza O conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Redondela manteñen unha xuntanza

Santiago, 25 de novembro de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, para estudar posibles liñas de actuación conxuntas de cara a desenvolver novas actividades o vindeiro ano na Illa de San Simón. Estas iniciativas de dinamización cultural enmarcaríanse no protocolo de colaboración asinado en marzo entre as dúas institucións para potenciar os valores culturais, ambientais e paisaxísticos das illas de San Simón e San Antón, declarados Ben de Interese Cultural (BIC).

Por outro lado, e desde o punto de vista educativo, tamén abordaron a introdución do Xadrez como materia de libre configuración autonómica na Educación Secundaria Obrigatoria, unha área pola que apostou de preto o concello de Redondela. Froito da súa experiencia, o conselleiro, o alcalde e o presidente da European Chess Union, Silvio Danailov, tamén asinaron o pasado marzo un acordo de cooperación para o intercambio de ideas e métodos para organizar o proxecto Galicia ECU que, precisamente, tiña por obxectivo promover a ensinanza de xadrez nos centros.

Na xuntanza, celebrada hoxe na Consellería, participou tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Comparte