Nova: Entrega dos XXV Premios San Martiño de normalización lingüística

24/11/2015

Entrega dos XXV Premios San Martiño de normalización lingüística

O club de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa láctea Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade son os galardoados deste ano

Distinguen persoas e colectivos que destacan polo seu labor de promoción do idioma galego

  • O club de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa láctea Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade son os galardoados deste ano O club de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa láctea Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade son os galardoados deste ano
  • O club de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa láctea Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade son os galardoados deste ano O club de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa láctea Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade son os galardoados deste ano
  • O club de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa láctea Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade son os galardoados deste ano O club de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa láctea Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade son os galardoados deste ano
  • O secretario xeral de Política Lingüística asiste á entrega dos XXV Premios San Martiño de normalización lingüística O secretario xeral de Política Lingüística asiste á entrega dos XXV Premios San Martiño de normalización lingüística

A Estrada (Pontevedra), 24 de novembro de 2015.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu este martes á entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística na súa vixésimo quinta edición. Celebrada no Teatro Principal da Estrada, a Asociación Cultural O Brado procura recoñecer con estes galardóns o traballo na defensa do galego, o uso do idioma e a súa proxección por parte de persoas, colectivos ou entidades.

Os premios outórganse en tres modalidades: A Estrada e Comarca de Terra de Montes, Galicia Enteira e Toda unha vida. No relativo ao ámbito local e comarcal, a distinción correspondeulle ao equipo de fútbol gaélico Irmandinhos A Estrada; no nivel autonómico, o premio outorgóuselle á cooperativa Feiraco; e o galardón á normalización lingüística Toda unha vida recibiuno, de mans do secretario xeral de Política Lingüística, o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago, José Antonio Gómez Segade. O premiado desexou para a lingua galega ‘non mil, senón vintemil primaveras máis […] Teño a esperanza de que O Brado sirva para espertar as conciencias dos galegos que están durmidos e as dos galegos por accidente xeográfico’.

O padroado dos premios de normalización lingüística estivo formado por Xurxo Andión, Carlos Andújar Mato, Olaia Barreiro, Juan Manuel Constenla Carbón, Lourdes Dono Piso, Xosé López Vilariño, Iván Sanmartín e Henrique Vázquez Pernas.

A gala de entrega destes galardóns estivo amenizada polo cuarteto de arpas Lulavai, e puido seguirse en tempo real a través da Internet.

Irmandinhos A Estrada
A entidade destacada co premio á difusión da lingua na Estrada e na Comarca da Terra de Montes nace no ano 2012. Desde o primeiro momento prentende dar a coñecer o fútbol gaélico na localidade da Estrada, e tres anos despois conta con dous equipos masculinos e outros dous femininos que participan en campionatos oficiais máis alá das fronteiras galegas. De feito, o Irmandinhos A Estrada fíxose co Subcampionato Ibérico e Europeo na categoría feminina, e co Subcampionato Ibérico na categoría masculina. É un dos clubes que máis xogadoras e xogadores achega á Selección Galega, subcampioa do Mundo en Abu Dhabi.

Feiraco
Recibe o premio á normalización no ámbito autonómico. Presidida na actualidade por José Montes Pérez, os inicios desta cooperativa láctea remóntanse a hai case medio século, froito da unión de 400 gandeiros do interior de Galicia. Durante este tempo, máis de 10.000 socios formaron parte de Feiraco. Participan nun gran número de actividades vinculadas á promoción da lingua e da literatura galegas, e apostan pola lingua propia de Galicia en todos os seus produtos.

Juan Antonio Gómez Segade
O premio á normalización Toda unha vida concédeselle ao catedrático de Dereito Mercantil da USC. Foi profesor agregado en San Sebastián e, con posterioridade, Catedrático de Dereito Mercantil en Valencia, e ocupou cargos académicos e de responsabilidade tanto en España coma no estranxeiro. Recibiu diversos premios e distincións no eido académico e científico, entre os que cómpre destacar o Premio Galicia de Investigación ‘Montero Ríos’.

Comparte