Nova: A Cidade da Cultura invita voluntarios maiores de 65 anos a actuar na obra Don Juan de Teatro Voadora

16/12/2015

A Cidade da Cultura invita voluntarios maiores de 65 anos a actuar na obra Don Juan de Teatro Voadora

A peza, que se estreará para toda España o 29 de xaneiro en Santiago, será unha das grandes propostas galegas do programa do festival Escenas do Cambio 2016 da Cidade da Cultura

Voadora, Premio da Crítica de Galicia no 2013 no eido das Artes Escénicas, é unha das compañías galegas que está a obter máis recoñecemento nestes anos polo arriscado das súas propostas

Os interesados en sumarse a este proxecto non precisan experiencia escénica e poden contactar no enderezoproduccion3@cidadedacultura.org ou no teléfono 653278678

  • A Cidade da Cultura convida a maiores de 65 anos que o desexen a participar no ‘Don Juan’ da compañía Voadora A Cidade da Cultura convida a maiores de 65 anos que o desexen a participar no ‘Don Juan’ da compañía Voadora
  • A Cidade da Cultura convida a maiores de 65 anos que o desexen a participar no ‘Don Juan’ da compañía Voadora A Cidade da Cultura convida a maiores de 65 anos que o desexen a participar no ‘Don Juan’ da compañía Voadora
  • A Cidade da Cultura convida a maiores de 65 anos que o desexen a participar no ‘Don Juan’ da compañía Voadora A Cidade da Cultura convida a maiores de 65 anos que o desexen a participar no ‘Don Juan’ da compañía Voadora

Santiago, 16 de decembro de 2015.- A Cidade da Cultura convida maiores de 65 anos que o desexen a participar no ‘Don Juan’ da compañía Voadora, unha das grandes propostas galegas que se estrearán para toda España na próxima edición do festival ‘Escenas do Cambio’ que terá lugar a finais de xaneiro no Museo Centro Gaiás en Santiago de Compostela.

Voadora, unha das compañías galegas que está a obter maior recoñecemento da crítica en Galicia, no resto de España e en Portugal, presentará o seu ‘Don Juan’ o 29 de xaneiro. Para protagonizar esta montaxe, a compañía de Marta Pazos, Hugo Torres e José Díaz busca estes días a persoas maiores de 65 años, que non precisan ter experiencia escénica, e que se atrevan a traballar nesta emotiva aventura, un proxecto que avanza na liña de traballo en comunidade e onde Voadora rompe de novos os códigos habituais do teatro.

Despois do éxito de súa versión contemporánea de ‘A Tempestade’ de Shakespeare, Voadora toma como punto de inspiración para esta peza o Don Juan de Molière, personaxe símbolo do hedonismo e da paixón por vivir. A partir desta figura, preséntase unha obra en torno ao tempo e ao amor, que busca cuestionar os tópicos que rodean a Terceira Idade, presentándoa como un tempo improdutivo para o retiro.

Voadora, Premio da Crítica en Galicia no eido das Artes Escénicas no 2013, constrúe sobre un relato verdadeiro, emotivo e fermoso no que se compromete co principio de que “nunca é tarde e nunca é cedo: sempre é o momento oportuno”. “Vivimos no occidente, un lugar onde se valora o novo, o rápido, a xuventude e a beleza. É deste xeito como se vive o amor no occidente, como se fósemos un restaurante de fast-food. Tal vez sexa hora de gozar dunha dose de slow food”, asegura a compañía no texto de presentación deste espectáculo.

Os interesados poden enviar un correo electrónico ao enderezo produccion3@cidadedacultura.org ou telefonear ao 653.278.678, onde recibirán toda a información necesaria.

Comparte