Nova: Cultura e Educación e a Amtega dan a coñecer no Gaiás os novos webs da Consellería, cultura.xunta.es e museos.xunta.es

09/07/2014

Cultura e Educación e a Amtega dan a coñecer no Gaiás os novos webs da Consellería, cultura.xunta.es e museos.xunta.es

O conselleiro explicou que o novo portal da área de Cultura porá en mans dos usuarios unha Axenda personalizada accesible tamén desde smartphones e tablets e aberta a integrar a actividade doutras entidades e institucións para “configurar a futura gran bitácora cultural de Galicia”

Sobre o web do Sistema Galego de Museos, Vázquez Abad destacou que ofrece importantes novidades no deseño, como visitas virtuais, e que se “configura como unha plataforma de comunicación que pretende recoller toda a información sobre o traballo desenvolvido e as actividades realizadas polos nosos Museos”

A directora da Amtega afirmou que os novos portais “cumpren o dobre obxectivo de facilitar e axilizar o acceso da cidadanía á información e aos servizos” e amplían a presenza da Xunta en internet, que actualmente se cifra en 205 portais institucionais e 211 canles en redes sociais
 
  • Vídeo (1) coas declaracións do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron na mañá de hoxe no Gaiás o novo sitio web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://cultura.xunta.es) O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron na mañá de hoxe no Gaiás o novo sitio web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://cultura.xunta.es)

Santiago, 9 de xullo de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron na mañá de hoxe no Gaiás o novo sitio web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://cultura.xunta.es), “unha importante ferramenta –en palabras de Vázquez Abad– que porá en mans dos usuarios, entre outras cousas, unha Axenda personalizada con toda a actividade cultural da Xunta, deseñada para acceder desde o ordenador, o teléfono ou a tablet, e aberta a outras entidades e institucións para configurar a futura gran bitácora cultural de Galicia.” O conselleiro concluíu o acto informativo expoñendo as novidades do portal do Sistema Galego de Museos (MUGA) do que dixo que se “configura como unha plataforma de comunicación que pretende recoller toda a información sobre o traballo desenvolvido e as actividades realizadas polos nosos Museos” e ofrece novidades no deseño como visitas virtuais.

Vázquez Abad explicou sobre a usabilidade do web de Cultura que se procurou en todo momento “unha estrutura informativa o máis clara e intuitiva posible para o cidadán. De maneira que non precise coñecer de antemán o artellamento administrativo do departamento, senón que poida dar co que busca tematicamente, cunha navegación áxil.” Neste sentido, o portal de Cultura disporá de microsites específicos como “Espazo Europa”, no que se ofrecerá información detallada dos programas europeos no ámbito creativo, ou a “Axenda”, “unha ferramenta óptima para que a cidadanía coñeza a ampla oferta cultural existente.

Os participantes estiveron acompañados na rolda de prensa pola directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua.

A Xunta máis cerca
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria traballaron conxuntamente na renovación e ampliación do espazo web autonómico de información cultural. Unha tarefa planificada e desenvolvida de xeito coordinado entre ambos os departamentos que hoxe ve a luz, adaptado ás necesidades dunha mellor información e servizo público, e conforme ás políticas transversais corporativas da Xunta de Galicia.

Neste sentido, Mar Pereira sinalou que os novos portais presentados hoxe cumpren o dobre obxectivo de facilitar e axilizar o acceso da cidadanía á información e aos servizos que a Administración pública pon á súa disposición. Uns criterios fixados no Decreto 201/2011 que regula a presenza da Administración xeral e do sector público autonómico na internet, enmarcado no Plan de Modernización da Administración autonómica, en cuxo desenvolvemento e aplicación vén traballando a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia nos últimos catro anos.

A directora da Amtega explicou que neste período consolidouse un modelo de presenza en internet que ten como piar central o portal corporativo www.xunta.es, ao redor do cal se integran os 205 portais institucionais existentes e as 211 canles en redes sociais. Pereira destacou que o portal corporativo converteuse no referente dos servizos que a Administración ten dispoñibles a través de internet, cunha media de preto de 1 millón de visitas mensuais nos últimos catro anos e más de 60.000 seguidores en Facebook e Twitter.

O portal dos Museos e coleccións visitables de Galicia
O Sistema Galego de Museos conta desde hoxe cun novo web (http://museos.xunta.es) que responde a unha necesidade longamente demandada polos profesionais e os visitantes destas institucións museísticas. Museos de Galicia está dirixido principalmente ás persoas visitantes dos museos, ofrécese en tres idiomas (galego, castelán e inglés) e procura trasladar unha imaxe atractiva destes centros culturais.

Trátase dunha nova fiestra visual e intuitiva na que se inclúen o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, o Museo Massó, o Museo do Castro de Viladonga, o Museo Etnográfico do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro. Lugo), o Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela), o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo do Mar de Galicia.

“En cada apartado –explicou Vázquez Abad– dedicado aos distintos museos ofrécese información xeral do centro e un percorrido polas súas Salas de exposición permanente, así como pola pezas destacadas das súas coleccións. Este é quizais o aspecto máis anovador, xa que ver as pezas tridimensionais aporta unha experiencia máis completa e unha información máis precisa aos usuarios do web.”
 
Comparte