Nova: Publícase La forja de un escritor, que recolle a faceta de articulista de Cela

20/01/2016

Publícase La forja de un escritor, que recolle a faceta de articulista de Cela

O novo volume de Cadernos de Obra Fundamental do Nobel, presentouse no Instituto Cervantes, en Madrid

  • Camilo José CEla
  • La forja de un escritor

Santiago, 20 de xaneiro de 2016.- A Fundación Pública Galega Camilo José Cela colabora na publicación de ‘La forja de un escritor’, o novo volume de Cadernos de Obra Fundamental do Nobel galego editado pola Fundación Banco Santander e que hoxe foi presentado no Instituto Cervantes, en Madrid.

Neste caderno recóllense uns cincuenta artigos de entre os máis de seiscentos que foron escritos por Camilo José Cela entre 1943 e 1952. Os textos, que recollen a faceta de articulista de Cela, foron extractados do arquivo de prensa da Fundación polo decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona e padroeiro da Fundación, Adolfo Sotelo Vázquez.

A presentación desta obra enmárcase dentro das iniciativas programadas con motivo da celebración neste ano do centenario do nacemento do Premio Nobel galego.

A publicación foi presentada hoxe en Madrid polo director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, nun acto no que tamén participaron o director xerente da Fundación Banco Santander, Borja Baselga; o escritor Juan Manuel de Prada, o catedrático emérito de literatura e crítico literario Germán Gullón e o profesor e padroeiro da Fundación Cela, Adolfo Sotelo.

Comparte