Nova: Cultura colabora coa nova edición do Certame de Escultura Francisco Asorey

02/02/2016

Cultura colabora coa nova edición do Certame de Escultura Francisco Asorey

A Xunta trasládalle á Asociación Cultural Asorey o seu compromiso para garantir en 2016 a continuidade desta convocatoria artística

  • Unha das esculturas finalistas da edición do certame de 2015
  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta mañá coa Asociación Cultural Francisco Asorey O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta mañá coa Asociación Cultural Francisco Asorey

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, trasladoulles esta mañá á presidenta e ao secretario da Asociación Cultural Asorey, María del Carmen Abelleira e Vicente Pérez, respectivamente, o compromiso da Xunta de Galicia de colaborar, un ano máis, no Certame Escultórico Francisco Asorey, que en 2016 chega á súa terceira edición.

Con esta colaboración, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a continuidade deste certame escultórico, creado en 2014, para favorecer a creación artística e recordar a figura do escultor Francisco Asorey.

Na xuntanza, tamén estiveron presentes o deputado provincial de Cultura e Normalización Lingüística Xosé Leal Fariña, e o Concelleiro de Cultura do Concello de Cambados, Víctor Caamaño, en representación das restantes institucións implicadas nesta iniciativa.
 

Comparte