Nova: Actos de homenaxe a Eduardo Pondal no aniversario do seu nacemento

04/02/2016

Actos de homenaxe a Eduardo Pondal no aniversario do seu nacemento

Alumnado de infantil participou nunha xornada en recordo do escritor, promovida pola Fundación Eduardo Pondal

  •  Anxo Lorenzo participou hoxe nos actos programados pola Fundación Eduardo Pondal Anxo Lorenzo participou hoxe nos actos programados pola Fundación Eduardo Pondal
  •  Anxo Lorenzo participou hoxe nos actos programados pola Fundación Eduardo Pondal Anxo Lorenzo participou hoxe nos actos programados pola Fundación Eduardo Pondal

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nos actos programados pola Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso, para conmemorar o 181º aniversario do escritor.

Alumnos e alumnas de educación infantil do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, vila natal do escritor, compartiron esta celebración, que contou con diversas actividades para lles achegar aos nenos e nenas a través da música e da palabra a figura e a obra do poeta.

A Consellería de Cultura e Educación vén colaborando coa Fundación Eduardo Pondal na programación cultural desenvolvida pola entidade para a difusión e posta en valor dun dos poetas máis sobranceiros da literatura galega.
 

Comparte