Nova: Unha exposición percorre a historia e o patrimonio da Confraría da Humildade de Santiago de Compostela

09/02/2016

Unha exposición percorre a historia e o patrimonio da Confraría da Humildade de Santiago de Compostela

Diversas fotografías e pezas conforman esta mostra, que se pode visitar na hospedería do mosteiro de San Martiño Pinario, na capital de Galicia

  •  O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na presentación da exposición 'Unha idea... un soño... unha ilusión' O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na presentación da exposición 'Unha idea... un soño... unha ilusión'

Santiago, 9 de febrero de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na presentación da exposición 'Unha idea... un soño... unha ilusión', que durante cinco semanas dará a coñecer o patrimonio e a historia da Confraría da Humildade de Santiago de Compostela.

Diversas fotografías e pezas conforman esta mostra, que se pode visitar na hospedería do mosteiro de San Martiño Pinario, na capital de Galicia, de luns a sábado, entre as 11:00 e as 13:30 horas, e entre as 17:00 e as 20:30 horas, e os domingos, de 11:00 a 13:30 horas.
 

Comparte