Nova: Cultura e a Fundación Carlos Casares renovan a súa colaboración para difundir a obra do autor
09/03/2016
Cultura e a Fundación Carlos Casares renovan a súa colaboración para difundir a obra do autor
Desenvolverase o Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova, así como actividades de preparación do arquivo videográfico do Galeguismo Histórico e continuarase coa tradución da súa obra
Santiago, 9 de marzo de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse esta tarde con representantes da Fundación Carlos Casares, un encontro no que se acordou renovar o convenio entre ambas as dúas entidades.
Ao abeiro desta colaboración desenvolverase o Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova, así como actividades de preparación do arquivo videográfico do Galeguismo Histórico e continuarase coa tradución da obra de Carlos Casares.
No encontro participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; Hakan e Javier Casares, fillo e irmán do escritor, respectivamente; e o secretario da fundación, Gustavo Adolfo Garrido.