Nova: Presentación da Lei do Patrimonio Cultural a distintos colectivos vinculados á promoción do Camiño de Santiago

26/04/2016

Presentación da Lei do Patrimonio Cultural a distintos colectivos vinculados á promoción do Camiño de Santiago

A norma legal aprobada polo Parlamento de Galicia recoñece como unha das novas rutas principais dos Camiños de Santiago ao Camiño Portugués do interior e da costa

  • Unha das etapas do Camiño Portugués
  • O Camiño Portugués do interior e da costa recoñécese neste texto legal como unha das rutas principais dos Camiños de Santiago O Camiño Portugués do interior e da costa recoñécese neste texto legal como unha das rutas principais dos Camiños de Santiago
  • O Camiño Portugués do interior e da costa recoñécese neste texto legal como unha das rutas principais dos Camiños de Santiago O Camiño Portugués do interior e da costa recoñécese neste texto legal como unha das rutas principais dos Camiños de Santiago

Vigo, 26 de abril de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, canda o delegado territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, reuniuse con diversos colectivos vinculados á promoción do Camiño de Santiago na cidade olívica. Entre os participantes na xuntanza estaba a xunta directiva da Asociación dos Amigos dos Pazos, a presidenta da Confraría Apóstolo Santiago e o delegado en Galicia da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago. No encontro abordáronse distintos aspectos da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, que vén de ser aprobada esta mesma mañá polo Parlamento autonómico.

Nesta reunión, Román Rodríguez explicou que o Camiño Portugués do interior e da costa recoñécese neste texto legal como unha das rutas principais dos Camiños de Santiago. Un aspecto que cualificou como “moi importante” para a protección e posta en valor da mesma. O conselleiro precisou que se trata “dun primeiro paso” e que agora cómpre efectuar uns estudos históricos meticulosos e completos, que amplíen os traballos feitos até o momento sobre este camiño.

Trátase duns estudos que é imprescindible realizar, documentando con precisión os bens e o territorio asociado, antes de poder avanzar nas incoacións dos expedientes de delimitación do Camiño Portugués do interior e da costa con todas as garantías de integridade e autenticidade. En calquera caso, o conselleiro precisou que con este recoñecemento legal do Camiño Portugués do interior e da costa como unha das rutas principais, esta incorpórase con plenas garantías ao proceso de delimitación, promoción e ordenación correspondente.

Comparte